RECORDOS



Deixamos aquí a mostra dalgunha das aventuras que vivimos todos xuntos:








entroido


O 5 de febreiro de 2011 celebramos o entroido 2011. Xuntámonos 60 persoas, todas disfrazadas, e disfrutamos do baile, cervexa e unhas riquísimas orellas caseiras.




Subir



excursión 2011
excursón

O 11 de xuño de 2011, un grupo de 53 persoas fomos de excursión. A primeira parada foi en Quiroga, onde visitamos o museo etnográfico, e despois non dubidamos en ir ó santuario das Hermitas. Alí, ademáis de visita-lo mosteiro, comimos todos xuntos no merendeiro da zoa. Trala comida, achegámonos ata o castelo do Bolo, e xa de volta á casa, paramos de novo en Quiroga para así poder coñece-lo museo da mel.





Subir



San Xoán


O 23 de xuño de 2011 celebrouse no merendeiro a Noite de San Xoán, na que case 90 persoas paparon sardiñas e viño, para coller folgos e salta-la tradicional fogueira, acompañados de cantares populares.




Subir



cartel andaina

O 7 de agosto de 2011 tuvo lugar a III Andaina de Armariz, na que participamos 140 persoas de distintas edades. O recorrido transcurriu por camiños preto á parroquia, recuperados con motivo deste evento. Ó rematar, obsequiouse a cada un dos participantes con bocadillos, fruta e bebida, ademais de sortearse distintos regalos doados polas empresas colaboradoras.




Subir


comida do socio

O 20 de agosto de 2011, como ven sendo habitual, xuntámonos para celebra-la comida do socio. 120 socios no xantar, e 90 na cea, que disfrutaron dun xenial cocido elaborado polos membros da directiva, todo amenizado con por un grupo de gaiteiros.

comida do socio




Subir



magosto 2011

O 5 de novembro de 2011, a asociación de veciños organizou o magosto, na que se reuniron 135 persoas que disfrutaron da empanada, chourizos e costela, non podendo fallar na sobremesa a bica e o licor. Xa ó final do xantar, sorteouse un lacón e un fermoso pavo que doaron dúas casas comerciais. Pola tarde, antes da agradable cea, houbo un campionato de tute e subastado, no que os campións recibiron agasallos que tamén aportaron as ditas casas comerciais.



magosto 2011







Subir